Presentación de Dun lago escuro, de Marta Dacosta

AMarta Dacosta Dun lago escuro segunda feira, 23 de febreiro, ás 20:00 horas, preséntase Dun lago escuro, de Marta Dacosta, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, participa Yolanda Castaño.

A nadadora é a metáfora das mulleres e homes que atravesamos un lago escuro como o tempo que vivimos. A nadadora, de costas, fixa a súa atención na luz do ceo, prefire ignorar que por baixo da tona da auga hai un fondo escuro en que podrecen os cadáveres, en que se ocultan as verdades pestilentes. Este poemario é unha reflexión aceda sobre a implicación e a aceptación, sobre o descoñecemento e o desinterese. Os poemas do libro fálannos da mentira, do dano, da descomposición social. As imaxes, surrealistas, como soños xeroglíficos, anúnciannos a realidade. E a auga é auga sólida sobre a que transitamos en equilibrio, torrentes de auga para varrer o refugallo que nos inunda; augas quietas que nos afogan. Existe a verdade? Quen e como a constrúe? Ou vivimos na mentira dunha realidade aparente?
A obra obtivo o Premio Johán Carballeira 2013.”

Presentación de Eno mar cabe quant’i quer caber, froito do II Obradoiro de Tradución Poética Con barqueira e remador

OEno mar mércores 17 de decembro, ás 20:00 horas, na Livraria Suévia (Rúa Vila de Negreira, 32) da Coruña, preséntase o libro de poesía internacional contemporánea en tradución ao galego Eno mar cabe quant’i quer caber, froito do II Obradoiro de Tradución Poética Con barqueira e remador, que tivo lugar na Illa de San Simón, en outubro de 2013, obra editada na Colección Cíes da Deputación de Pontevedra. O acto contará coa presenza do tradutor ao galego, Isaac Xubín, e Yolanda Castaño (coodinadora do Obradoiro Internacional de Tradución Poética).

As traducións, edición e prólogo son obra de Isaac Xubín. Os autores compilados son: Anna T. Szabó (Hungría), Xuan Bello (Asturias), Kätlin Kaldmaa (Estonia), Lawrence Schimel (EEUU), Samira Negrouche (Alxeria), Gökçenur Ç (Turquía) e o propio Isaac Xubín.