Presentación de Vattene!, de Alberte Momán

A sexta feira, 7 de xuño, ás 20:00 horas, preséntase Vattene!, de Alberte Momán, publicado por A Porta Verde do Sétimo Andar, coa presenza do autor.

“Trala desaparición de Alexander Hartdegen, o seu secretario, coidando ser beneficiario da súa fortuna, comeza unha viaxe que o devolverá á miseria máis absoluta, e pola que terá a oportunidade de coñecerse a si propio, ademais de imbuírse dun mundo do que descoñecía todo ou case todo. Créndose dono daquelas palabras de Whitman, nas que aseguraba ser o problema e a solución do problema, afonda no seu conflito interior coa fin de aniquilar ás súas propias pantasmas, que non distan moito dos medos que debe afrontar calquera individuo que comeza a descubrir a luz despois dunha cegueira prolongada.
O surreal como superación absoluta da percepción humana da realidade. Eis unha historia, unha aventura que se mergulla nas miserias humanas.”