Presentación de Moraime, pequena vila con mar, de X. H. Rivadulla Corcón

OX. H. Rivadulla Corcón Moraime venres 19 de febreiro, ás 20:00 horas presentamos Moraime, pequena vila con mar, de X. H. Rivadulla Corcón, publicada por Positivas. No acto, xunto ao autor, participa o editor do libro, Francisco Macías.

“Baixo o título Moraime. Pequena vila de mar agrúpase un conxunto de relatos de formato breve, nos que se narra a vida dunha pequena vila mariñeira.
Os protagonistas son os homes e mulleres que viven en Moraime, desde o mestre, a unha redeira, os mariñeiros, a fareira, o libreiro, un can e un corvo mariño, ou o zapateiro, ademais de personaxes que chegan de visita á vila.
A personaxe central é o taberneiro, o señor Souto, que posúe unha taberna situada ao principio do peirao, onde moitas das historias da vila teñen lugar. Trátase dunha vila onde todo se mide polo seu valor sentimental e o material só ten a importancia xusta para as necesidades da vida.
Así, os soños, colectivos ou privados, son o verdadeiro motor vital para estas xentes que só buscan gozar dunha vida tranquila, con ocupacións sinxelas e sobre todo compartindo as alegrías e tristezas co resto dos veciños e veciñas, para crear un sentimento familiar que os ampare a todos.”

Presentación de Intensa e quente é a túa humidade azul, de Xulio Pardo de Neyra

A terza feira 8 de xullo, ás 20:00 horas, presentamos Intensa e quente é a túa humidade azul, de Xulio Pardo de Neyra, publicada por Positivas. No acto, xunto ao autor, participan Francisco Macías e Miguel Pernas.

Intensa e quente é a túa humidade azul poderíase resumir como a primeira novela propiamente pornográfica da literatura galega… Nunca tal se fixera na nosa literatura, onde até o de agora se apostou pola suavidade e a morneza dun erotismo que por veces agocha algunha que outra imaxe de maior voltaxe.

Presentación de Moda galega reloaded, de María Reimóndez

A terza feira 18 de febreiro, ás 20:00 horas, preséntase Moda galega reloaded, de María Reimóndez, publicado por Positivas. No acto, xunto á autora, participan Antía Otero e Francisco Macías.

“Neste novo poemario a autora retoma os temas do anterior libro, Moda galega, pero quizais máis cruamente. Pois a crise económica non semella afectar ao capitalismo nin ao patriarcado. Todo o contrario. É o Moda galega reloaded una volta á cidade para comprobar, con certo humor, o estado das cousas.”