Presentación de Triloxía Vattene! / O legado extraterrestre, de Alberte Momán, o 22 de abril

A cuarta feira 22 de abril, ás 20:00 horas, presentamos Triloxía Vattene! / O legado extraterrestre, de Alberte Momán, publicado en Círculo Rojo.

EnAlberte Momán Triloxía palabras do autor: “Englobo, dentro dun proxecto común, dúas historias diferenciadas, por unha parte, a Triloxía Vattene!: tres historias cun fío común a partir da desaparición do personaxe coñecido entre os amantes da ciencia ficción, Alexander Hartdegen, por ser protagonista da Máquina do tempo. Tezo o quenzo cunha visión particular do que son as viaxes na procura dun mesmo, na busca de eliminar a un alter ego que se imposta como elemento externo pero fundamental na vida do protagonista.
Por outra banda, temos a historia revisitada de Penélope e Circe, que se encontran para comezar xuntas unha outra viaxe, que as levará a romper todos os clixés de hipermasculinidade dos super heroes clásicos.”

Presentación de Vattene!, de Alberte Momán

A sexta feira, 7 de xuño, ás 20:00 horas, preséntase Vattene!, de Alberte Momán, publicado por A Porta Verde do Sétimo Andar, coa presenza do autor.

“Trala desaparición de Alexander Hartdegen, o seu secretario, coidando ser beneficiario da súa fortuna, comeza unha viaxe que o devolverá á miseria máis absoluta, e pola que terá a oportunidade de coñecerse a si propio, ademais de imbuírse dun mundo do que descoñecía todo ou case todo. Créndose dono daquelas palabras de Whitman, nas que aseguraba ser o problema e a solución do problema, afonda no seu conflito interior coa fin de aniquilar ás súas propias pantasmas, que non distan moito dos medos que debe afrontar calquera individuo que comeza a descubrir a luz despois dunha cegueira prolongada.
O surreal como superación absoluta da percepción humana da realidade. Eis unha historia, unha aventura que se mergulla nas miserias humanas.”