Presentación de Moraime, pequena vila con mar, de X. H. Rivadulla Corcón

OX. H. Rivadulla Corcón Moraime venres 19 de febreiro, ás 20:00 horas presentamos Moraime, pequena vila con mar, de X. H. Rivadulla Corcón, publicada por Positivas. No acto, xunto ao autor, participa o editor do libro, Francisco Macías.

“Baixo o título Moraime. Pequena vila de mar agrúpase un conxunto de relatos de formato breve, nos que se narra a vida dunha pequena vila mariñeira.
Os protagonistas son os homes e mulleres que viven en Moraime, desde o mestre, a unha redeira, os mariñeiros, a fareira, o libreiro, un can e un corvo mariño, ou o zapateiro, ademais de personaxes que chegan de visita á vila.
A personaxe central é o taberneiro, o señor Souto, que posúe unha taberna situada ao principio do peirao, onde moitas das historias da vila teñen lugar. Trátase dunha vila onde todo se mide polo seu valor sentimental e o material só ten a importancia xusta para as necesidades da vida.
Así, os soños, colectivos ou privados, son o verdadeiro motor vital para estas xentes que só buscan gozar dunha vida tranquila, con ocupacións sinxelas e sobre todo compartindo as alegrías e tristezas co resto dos veciños e veciñas, para crear un sentimento familiar que os ampare a todos.”

Presentación de Triloxía Vattene! / O legado extraterrestre, de Alberte Momán, o 22 de abril

A cuarta feira 22 de abril, ás 20:00 horas, presentamos Triloxía Vattene! / O legado extraterrestre, de Alberte Momán, publicado en Círculo Rojo.

EnAlberte Momán Triloxía palabras do autor: “Englobo, dentro dun proxecto común, dúas historias diferenciadas, por unha parte, a Triloxía Vattene!: tres historias cun fío común a partir da desaparición do personaxe coñecido entre os amantes da ciencia ficción, Alexander Hartdegen, por ser protagonista da Máquina do tempo. Tezo o quenzo cunha visión particular do que son as viaxes na procura dun mesmo, na busca de eliminar a un alter ego que se imposta como elemento externo pero fundamental na vida do protagonista.
Por outra banda, temos a historia revisitada de Penélope e Circe, que se encontran para comezar xuntas unha outra viaxe, que as levará a romper todos os clixés de hipermasculinidade dos super heroes clásicos.”

Lanzamento de Hostal Norte, de Xosé Duncan

AXosé Duncan Hostal Norte sexta feira 28 de novembro, ás 20:00 horas, terá lugar o acto de presentación de Hostal Norte, de Xosé Duncan, novela curta de terror e misterio publicada por Urco Editora.

“Unha fuxida, ás veces, non é máis que unha carreira frenética que tenta afastarnos de nós mesmos. Sabemos do que queremos escapar mais, case nunca, estamos seguros de até onde nos levará.
Brais marcha da casa dos seus pais e chega ao Hostal Norte, onde o agarda un amigo que prometeu axudalo a comezar unha nova vida. Porén, á súa chegada ao hostal, as cousas torceranse e nada sairá como el esperaba, nada é o que parece ser.
Seis cuartos, seis vidas completamente diferentes que conforman, ao seu xeito, un universo único que, aos poucos, irase apoderando da cordura de Brais. Seis hóspedes que tecerán a arañeira dos recordos que tentou deixar atrás, agochados no fondo da súa mente e que, de deixalos saír, conducirano ao máis horríbel dos destinos.”