O valente coello que quixo soñar, contacontos de Miguel Ángel Alonso Diz

OMiguel Ángel Alonso Diz O valente coello que quixo soñar sábado 12 de marzo, ás 12:30 horas, Miguel Ángel Alonso Diz contará a historia O valente coello que quixo soñar, publicada en Nova Galicia Edicións, con ilustracións de Luz Beloso. A entrada é gratuita até completar aforamento.

O valente coello que quixo soñar é unha fermosa metáfora sobre quen somos, quen podemos ser. Unha historia na que o valor, a fe nun mesmo, son os verdadeiros protagonistas, constituíndo un ensino de vida para @s nen@s de onte, de hoxe, de sempre. Profundo significado en sinxelas palabras. “O futuro é noso con só imaxinalo e camiñar”.