Presentación de Moraime, pequena vila con mar, de X. H. Rivadulla Corcón

OX. H. Rivadulla Corcón Moraime venres 19 de febreiro, ás 20:00 horas presentamos Moraime, pequena vila con mar, de X. H. Rivadulla Corcón, publicada por Positivas. No acto, xunto ao autor, participa o editor do libro, Francisco Macías.

“Baixo o título Moraime. Pequena vila de mar agrúpase un conxunto de relatos de formato breve, nos que se narra a vida dunha pequena vila mariñeira.
Os protagonistas son os homes e mulleres que viven en Moraime, desde o mestre, a unha redeira, os mariñeiros, a fareira, o libreiro, un can e un corvo mariño, ou o zapateiro, ademais de personaxes que chegan de visita á vila.
A personaxe central é o taberneiro, o señor Souto, que posúe unha taberna situada ao principio do peirao, onde moitas das historias da vila teñen lugar. Trátase dunha vila onde todo se mide polo seu valor sentimental e o material só ten a importancia xusta para as necesidades da vida.
Así, os soños, colectivos ou privados, son o verdadeiro motor vital para estas xentes que só buscan gozar dunha vida tranquila, con ocupacións sinxelas e sobre todo compartindo as alegrías e tristezas co resto dos veciños e veciñas, para crear un sentimento familiar que os ampare a todos.”