Presentación de Intensa e quente é a túa humidade azul, de Xulio Pardo de Neyra

A terza feira 8 de xullo, ás 20:00 horas, presentamos Intensa e quente é a túa humidade azul, de Xulio Pardo de Neyra, publicada por Positivas. No acto, xunto ao autor, participan Francisco Macías e Miguel Pernas.

Intensa e quente é a túa humidade azul poderíase resumir como a primeira novela propiamente pornográfica da literatura galega… Nunca tal se fixera na nosa literatura, onde até o de agora se apostou pola suavidade e a morneza dun erotismo que por veces agocha algunha que outra imaxe de maior voltaxe.