Proxección do documentario O instante eterno

A sexta feira 7 de marzo, ás 20:00 horas, terá lugar a estrea na Coruña da proxección do documentario O instante eterno, de José Antonio Cascudo, quen estará presente no acto, arredor da vida e obra de Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado en 2014 polo Día das Letras Galegas.

Lançamento de Maria, de Eli Rios

A sexta feira 21 de Fevereiro, às 20:00 horas, terá lugar o lançamento de Maria, de Eli Ríos, publicado por O Figurante.

Maria propõe uma viagem poética e potente na fantasia e a certeza do amor, vivenciado como espaço libertador. Esse lugar atravessado pelas coordenadas da história, a infância e o imaginário.
As figuras de beleza radical, os jogos verbais e as metáforas de alta voltagem tecem o fio que fechará as fisuras identitárias e composiçom coerente de todas as mulheres que conformam o feminino presente.
A asfixia, a loucura, o desespero, o rejeitamento social e a sexualidade dialogam com o corpo humano reencontrando-se com a essência e a poesia até chegar ao refúgio sandador da aceitaçom: a materialidade da própria existência restituindo a realidade.”

Presentación de Moda galega reloaded, de María Reimóndez

A terza feira 18 de febreiro, ás 20:00 horas, preséntase Moda galega reloaded, de María Reimóndez, publicado por Positivas. No acto, xunto á autora, participan Antía Otero e Francisco Macías.

“Neste novo poemario a autora retoma os temas do anterior libro, Moda galega, pero quizais máis cruamente. Pois a crise económica non semella afectar ao capitalismo nin ao patriarcado. Todo o contrario. É o Moda galega reloaded una volta á cidade para comprobar, con certo humor, o estado das cousas.”