Presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón

O mércores 24 de abril, ás 20:00 horas, presentamos o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto participan, xunto ao autor, Xosé Ramón Freixeiro Mato, Ermitas Valencia e Manuel Bragado.
“De xeito desenfadado e mediante anécdotas, neste libro práctico ofrécense consellos para darmos o paso de usar o galego e para mellorarmos a nosa calidade lingüística, desbloqueando os prexuízos e medos aprendidos e asumindo que os problemas con que nos encontramos moitas veces non son de orixe gramatical, senón social. Este libro é útil para un público diverso, interesado na lingua nosa, desde persoas que queren comezar a falala ata estudantes de calquera nivel ou persoas que desexan mellorala.”

Unha reflexión sobre “Presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón

  1. Apreciado Carlos:
    ¿Cál é o ISBN para poder encargalo na librería?
    Apertas dende Andorra
    Xoán

Os comentarios están pechados.